miércoles, 3 de noviembre de 2010

Retomando o blog (terceiro intento)

Despois de intentar retomar o blog unha e dúas veces sen éxito, ahora apeteceme volver a escribir... Esto de ter un blog é fácil, o difícil é mantelo actualizado e para eso fan falta tempo e ganas.
Hai momentos nos que che apetece escribir, pero a rutina diaria impídecho. Eu de verdade admiro a todos os que sendo xente que non vive do seu blog e que non lle saca proveito económico, tiveron a constancia de mantelos actualizados desde fai anos. Eu podería poñer mil excusas... pero a maior parte das veces (ou eso me pasaba a min últimamente) cando estás unha media de 8-9 horas diarias diante dun ordenador e dun teclado, unha non está motivada para volver a sentarse diante da pantalla ao chegar á casa.
Pero eu teño este blog e a verdade e que non me apetece deixalo definitivamente. Por eso, despois de considerar varias opcións, decidínme a darlle un novo empuxón, unha última oportunidade. :hipertextuandome: naceu como un blog onde quería ir deixando notas que me resultaran interesantes cando estaba traballando no DEA. Ahora que xa o rematei, creo que tiña abandonado o blog porque formaba parte dun camiño recorrido e xa esgotado.
Neste terceiro intento, quero volver a empezar. Cambiei a estrutura e quero curiosear en máis temas, non sólo en comunicación política. Ahora quero plasmar todo aquelo que me axude a entender mellor a profesión á que me dedico, quero escribir sobre todo aquelo que me resulte interesante relacionado coa comunicación, o marketing, a publicidade... volver a empezar... espero polo menos darlle un impulso durante uns meses e que non quede solo nunha intención...

No hay comentarios: