martes, 29 de abril de 2008

Congreso ACOP

A recentemente creada Asociación de Comunicación Política (ACOP nas súas siglas) celebrará o seu congreso fundacional os vindeiros 8 e 9 de maio en Madrid.
Os promotores e socios fundadores de esta asociación son persoeiros importantes no terreo da comunicación política tanto a nivel académico como profesional: Juan Benavides, Fermín Bouza, María José Canel, Gabriel Colomé, Pere-Oriol Costa, José Luis Dader, Fermín Galindo, Mario García Gurrionero, Josep Gifreu, Fancesc Pallarés, Javier Del Rey, Xavier Roig, José Rúas, Víctor Sampedro, José Luis Sanchis e Karen Sanders.
Aínda non podo vincular a súa web porque está en proxecto. O programa mestura conferencias, presentación de investigacións, mesas redondas, coa presentación de Estudios de Comunicación Política (Libro del año 2008) e do monográfico de Telos de xaneiro La investigación en Comunicación Política. Tendencias, problemas y retos. Ademais hai unha recepción no Ayuntamiento de Madrid e no Palacio de Cibeles. Os socios de ACOP tamén farán unha visita á Moncloa e celebrarán a súa primeira Asemblea Xeral.
O día 9, das 16.00 ás 17.00 concentrarase o maior número de aportacións galegas neste congreso, coas conferencias de Silvia García Mirón e Emma Torres; ademais da que vai presentar Xosé Rúas e na que eu colaborei: Publicidad política negativa: nuevos recursos para la vieja propaganda.
De momento esta asociación pinta moi ben e os ánimos dos seus fundadores son os de facer un proxecto interesante para os investigadores e os profesionais deste ámbito. Esperaremos a ver que novidades chegan desde o congreso fundacional.

jueves, 24 de abril de 2008

Primarias no Partido Popular?

Un rumor que cada vez sona con maior forza. Empezou a comentarse nos medios e na rede como unha broma ou unha posibilidade remota, pero agora son os propios afiliados do PP os que se unen para propoñer a elección do candidato en eleccións primarias. A iniciativa parte do Partido Popular do distrito de Salamanca, que colgaron unha web (http://www.primariaspp.com/) na que explican o que son este tipo de eleccións e as razóns polas que fan esta proposición. "Vivimos un momento donde el Partido y los electores están disociados" ou "Cualquier demócrata sólo verá efectos positivos en las primarias" son algúns dos argumentos esgrimidos ante a proximidade do congreso de xuño, no que se vai decidir o futuro líder do partido. É un feito que nunca aconteceu no PP e para o cal sería necesario reformar os estatutos da organización. Se en realidade prospera esta proposta, a guerra Aguirre vs Rajoy será dura (mais) e poderemos estudar e comentar as estratexias negativas (que as vai haber) entre ambos candidatos. As loitas internas dan moito xogo para a publicidade negativa.

martes, 22 de abril de 2008

Elecciones y nuevos canales de comunicación política

Ó finalizar a miña comunicación sobre advergaming e comunicación política en iEnter, o moderador da mesa na que estaba participando, Ramón G. Sedó, propuxome un artigo que complementara o monográfico "Elecciones y medios de comunicación" que estaban preparando para o Portal de Comunicación.
Eu quería pasarme unha fin de semana de relax en Barcelona, pero por suposto que non ía dicir que non! O resultado foi Elecciones y nuevos canales de comunicación política. Gustaríame destacar dúas afirmacións deste artigo:

"Los partidos políticos se convierten en marcas, los diferentes candidatos en productos y las campañas de comunicación en los nuevos medios no se ciñen
únicamente a épocas de precampaña o campaña electoral, sino que comienzan mucho
antes con la intención de crear una imagen de marca"

"Internet y los nuevos medios que despuntan como nuevos soportes para la comunicación política deben estar totalmente integrados en las estrategias de comunicación de las organizaciones políticas porque para llegar a las llamadas generaciones supercomunicadoras, las que integran totalmente en su vida diaria las nuevas tecnologías, es necesario organizaciones políticas también supercomunicadoras"

Navegando pola web atopeime que os autores de Lluvina News, que non coñezo, engadiron o meu artigo (en català) no seu blog.

domingo, 20 de abril de 2008

QUERO SER PRESIDENTE

Para abrir esta nova sección de reseñas no meu blog, nada mellor que este libro de comunicación política. Non só porque é do meu titor da tese, senón porque é un libro diferente. Collín o libro con curiosidade, disposta a botarlle unha ollada por encima e parándome a ler unicamente os capítulos mais interesantes, pero cando comecei non puiden deixar de ler.
Directo e con moito humor e ironía, Rúas debulla o panorama político e o traballo do asesor de comunicación dunha forma moi amena e mordaz. Consegue ser un bo manual das claves da comunicación política (que é o que se pretende) pero cunha gran sinceridade e chamando ás cousas polo que son. Aínda que sen caer no sensacionalismo e sen danar a imaxe pública de ninguén.

Se os políticos aspirantes a alcaldes, conselleiros, concelleiros, deputados, senadores, e por suposto presidentes, se atopan con este libro, daranse conta da importancia da comunicación e da estratexia para unha campaña política de éxito.
Comparto co autor a visión da campaña electoral como un xogo de rol e estratexia, na que o dispor dun bo asesor de comunicación é fundamental. Por eso me atrevo a pronogsticar que se os lectores do libro son políticos, gracias a Rúas, nos vindeiros anos van a aumentar o número de asesores de comunicación que contraten as súas organizacións. (Esto tamén é un perigo, xa que a competencia poderá volverse cada vez máis perigosa).

Rúas Araújo, X. (2008), Quero ser presidente. Claves de comunicación política, Santiago de Compostela, Alvarellos Editora.


Pódese mercar na web da editorial

Se cando era pequena lía as aventuras de Flanagan e quería ser detective, agora que lin este libro... (non, non quero ser presidenta), quero traballar en comunicación política.

domingo, 13 de abril de 2008

Fight errorism boot Bush!

Descubrín os Unemployed Philosophers Guild ó voltar dos Estados Unidos e poñer no navegador a dirección que aparecía en dúas caixas de caramelos que me comprara na tenda Newbury Comics en Boston.
Foi nesta tenda onde me dei conta de que había estadounidenses que compraban merchandising crítico co sistema capitalista e cos gobernantes do país. Esto tiña que significar que habia estadounidenses críticos co sistema e co goberno do país, por incrible que poida parecer desde este lado do Atlántico.
Despois de botar un vistazo á web, puiden deducir e traducir que era algo así como unha plataforma de artistas-filosofos ou filosofos-artistas que comercializan todo tipo de artigos con mensaxe e humor. Unha parte dos beneficios que obteñen van destinados a organizacións sen ánimo de lucro que defenden distintas causas. Dependendo do que compres, os teus cartos van destinados a algo diferente que explica a propia información do producto. Por exemplo como apoio ás causas e candidatos demócratas (cando compras un boneco de Bush) ou a unha asociación de mulleres afganas (cando compras un calendario).

viernes, 11 de abril de 2008

Recursos Renovables




"Los políticos actuales no tienen la voluntad pero, por suerte, los políticos son un recurso renovable" Al Gore en Una verdad incómoda

Neste caso referíase á vontade de loitar contra o cambio climático, pero é un bo simil que serviría para moitas outras situacións. Gustame.

lunes, 7 de abril de 2008

[nº 0]

O máis dificil de empezar un blog é escribir o primeiro post. Eso unha vez que teñas pensado xa sobre o que vas escribir. A min costoume atopar un sentido para escribir un blog propio, tiña que ser un blog que me servise para algo, un blog util para min. Porque para matar as ganas de escribir públicamente xa teño os blogs en común.

Así que este vai ser un blog de autoaxuda, un espazo de traballo onde ir recopilando información que me interesa para facer o DEA (a entregar en xuño) e para a futura (ou futurible) tese doutoral. Por eso vou falar de comunicación (básicamente da comunicación política) e tamén de novas tecnoloxías. Pois estes son os temas que van a centrar a miña investigación dos próximos anos: o emprego das novas tecnoloxías na comunicación política negativa. Apaixoante... Pois si... para min si que o é!