martes, 29 de julio de 2008

El espectáculo de la democracia

Desde o pasado 3 de xullo e ata o vindeiro 29 de setembro, a exposición Spots electorales. El espectáculo de la democracia, vai estar no Palau de la Virreina en Barcelona. Trátase dun percorrido polos spots electorais dun gran número de países desde o 1989 ata os máis recentes, do ano 2008. A comunicación política levada ó terreo da arte.
Nas diferentes salas proxéctanse 300 spots, ademais de varios documentais sobre as campañas electorais nos diferentes países. O visitante tamén pode seleccionar mediante palabras clave visionar spots dunha base de datos que conta con 2.800 pezas publicitarias.
En principio vai ser unha exposición itinerante, pero aínda non se deron a coñecer os seguintes lugares que a acollerán. Mentres espero que faga unha parada en Galicia, pedín o libro que leva por título o nome da exposición, e que está baseado nos diarios do asesor electoral (¿real ou ficticio?) Roberto Alfa. O libro trae como extra 290 spots en catro DVD. Por 25 euros non está mal... pedino a semana pasada, pero aínda non me chegou.