jueves, 30 de abril de 2009

Italia è così

Despois desta paréntese vital, na que cambiaron moitas cousas, volvo a recuperar :hipertextuandome: mirando cara a Italia, onde estiven vivindo por unha pequena temporada.
Fálase sempre das similitudes entre España e Italia... non me vou poñer a desmitificar o asunto, pero ben... Italia ten as súas peculiaridades. Especialmente no que se refire a política (e políticos), é un país moi peculiar. Desde o seu controvertido presidente, o vértice da xerarquía, ata o candidato a alcalde do "comune" máis escondido da Calabria.
Hai moitas cousas que me chamaron a atención e que me gustaría desmenuzar aquí, por eso vou abrir unha nova categoría, Italia è così.