martes, 4 de noviembre de 2008

De como Obama apareceu na miña vida

Foi durante un paseo polo centro de Boston, creo que na nosa primeira semana na cidade, cando un repartidor de publicidade lle deu a armin un anuncio do mitin que ía dar Obama no Boston Common. A ver se colga o anuncio no seu blog e podo enlazalo. Xa o colgou.
Barack Obama en Boston. Naquel momento (fai un ano), aínda non era o icono internacional de hoxe, e aínda tiña que vencer a Hillary para converterse no candidato demócrata á White House. Pero era un mitin nos EE.UU. e non podíamos faltar. No centro de Boston ao caer a noite. Alí nos presentamos os tres a curiosear e ver/sentir o espectáculo electoral norteamericano en primeira persona.
Desde que nos baixamos do metro (en Boylston ou en Park St) , xa se sentía o "ambientillo", camisetas co lema Obama08, pancartas, souvenirs coa foto do candidato (porqué non comprei unha chapa xigante?), seguratas, música, protestas, xente, riadas de xente...O Boston Common é un parque enorme, o recinto habilitado para o mitin estaba completo e a xente sentábase nas ladeiras altas para poder ver o candidato. Empezou o espectáculo co himno estadounidense cantado en directo, que polo volume da megafonía creo que se puido escoitar en media cidade (como todo o mitin). Bandeira xigante, personaxes demócratas locais que foron preparando ó público para a entrada do candidato e a aparición de Obama en escena (que vimos desde bastante lonxe como para poder fixarnos nos detalles).¿Estaríamos a un centenar de metros do vindeiro presidente estadounidense?

1 comentario:

elpicaroarmin dijo...

en respuesta a tu pregunta, espero que sea así, sería otro bonito recuerdo de nuestro viaje a Boston.