martes, 27 de mayo de 2008

O e-mailing na comunicación política

Personalización. O máis importante é contar cunha base de datos actualizada e ben organizada que permita:
- Dirixirse ó receptor polo seu nome e involucralo na comunicación coa finalidade de conseguir unha resposta pola súa parte.
- Segmentar os contactos en función da interación coa organización, separando os usuarios que responderon a anteriores campañas e os que non o fixeron, dous públicos moi diferentes e con necesidades de atención tamén diferentes.
- Utilizar o nome do candidato como remitente

Creatividade. Cada día multitude de e-mails saturan as bandexas de entrada. A saturación, especialmente en campaña electoral é un dos principais problemas na comunicación. En moitas ocasións bórranse sen sequera abrilos, polo que a mensaxe debe ser atractiva desde o propio asunto, que vai ser o primeiro que se atope o usuario, Por suposto o contido tamén, xa que de non ser interesante, o receptor nin se molestará en lelo. Coidar a comunicación para evitar que se converta nunha experiencia insatisfactoria para o receptor (fallos técnicos, descargas imposibles...).

Planificación. O e-mailing é unha ferramenta máis, polo que debe responder a unha estratexia planificada, cunha calendarización para evitar abusar do formato. Saber atopar o momento axeitado para aumentar as posibilidades de éxito.

Outros aspectos a considerar:
- Fomentar a viralidade
- Facilitar ó usuario a información sobre os pasos a seguir para darse de baixa da base de datos
- Engadir links á páxina web principal ou ó blog do candidato

Artigos relacionados:

No hay comentarios: