martes, 29 de abril de 2008

Congreso ACOP

A recentemente creada Asociación de Comunicación Política (ACOP nas súas siglas) celebrará o seu congreso fundacional os vindeiros 8 e 9 de maio en Madrid.
Os promotores e socios fundadores de esta asociación son persoeiros importantes no terreo da comunicación política tanto a nivel académico como profesional: Juan Benavides, Fermín Bouza, María José Canel, Gabriel Colomé, Pere-Oriol Costa, José Luis Dader, Fermín Galindo, Mario García Gurrionero, Josep Gifreu, Fancesc Pallarés, Javier Del Rey, Xavier Roig, José Rúas, Víctor Sampedro, José Luis Sanchis e Karen Sanders.
Aínda non podo vincular a súa web porque está en proxecto. O programa mestura conferencias, presentación de investigacións, mesas redondas, coa presentación de Estudios de Comunicación Política (Libro del año 2008) e do monográfico de Telos de xaneiro La investigación en Comunicación Política. Tendencias, problemas y retos. Ademais hai unha recepción no Ayuntamiento de Madrid e no Palacio de Cibeles. Os socios de ACOP tamén farán unha visita á Moncloa e celebrarán a súa primeira Asemblea Xeral.
O día 9, das 16.00 ás 17.00 concentrarase o maior número de aportacións galegas neste congreso, coas conferencias de Silvia García Mirón e Emma Torres; ademais da que vai presentar Xosé Rúas e na que eu colaborei: Publicidad política negativa: nuevos recursos para la vieja propaganda.
De momento esta asociación pinta moi ben e os ánimos dos seus fundadores son os de facer un proxecto interesante para os investigadores e os profesionais deste ámbito. Esperaremos a ver que novidades chegan desde o congreso fundacional.

No hay comentarios: