domingo, 20 de marzo de 2011

Just setting up my twitter...

Esta semana, Twitter cumpriu 5 anos, e como era unha ferramenta pendente para min, pois que mellor ocasión que empezar a probalo. Dicen que os primeiros días son decisivos para "engancharse" ou "descolgarse", así que veremos a qué grupo pertence o meu perfil @anadiazperez.

 Esta é unha infografía de lainformacion.com que se pode ver en grande aquí. Con máis de 200 millóns de usuarios, entre os datos que máis me chaman a atención está sen dúbida o feito de que o 20% destes twittea 10 ou máis veces ó día, e un 41% nunca twittea. España ocupa o número 10 no ranking de países por cantidades de tweets. O 16% dos tweets datan dos xoves e venres e entre as 10 e as 11 da mañá parece estar o momento de maior actividade.
E nestes poucos días como usuaria, esto foi o pouco que aprendín:
- Listas en Twitter. Twitter ten un ritmo frenético, é imposible seguir a conversación nesta canle. Hai que organizarse! Lectura recomendada: 20 usos productivos de las listas en Twitter

- Twitter é unha canle moito máis impulsiva que un blog, moito máis personal... na que hai xente que sinte a necesidade de estar comunicando constantemente
- A @ e a # son dúas teclas que non poden faltar no teclado

1 comentario:

Unknown dijo...

Pues yo también me estoy iniciando en el twiter, a ver que tal! Creo que ahora voy a tener tiempo...