jueves, 30 de octubre de 2008

Hai viaxes que as palabras non poden describir (Keith Richards)

Tempo atrás, sorprendeume Mijaíl Gorbachov publicitando os bolsos de viaxe da firma Louis Vuitton diante do muro de Berlín.
Despois viñeron Steffi Graf&Andre Agassi e tamén Catherine Deneuve, ainda que estes foron menos sorprendentes.

A actualización da campaña chega ahora da man de Leibovitz, cos Coppola e con Keith Richards como protagonistas.

Os making off das sesións fotográficas, os protagonistas descubrindo as súas cidades favoritas e outras causas solidarias, pódense atopar na web da firma.

No hay comentarios: