Mostrando entradas con la etiqueta eleccións. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta eleccións. Mostrar todas las entradas

martes, 4 de noviembre de 2008

De como Obama apareceu na miña vida

Foi durante un paseo polo centro de Boston, creo que na nosa primeira semana na cidade, cando un repartidor de publicidade lle deu a armin un anuncio do mitin que ía dar Obama no Boston Common. A ver se colga o anuncio no seu blog e podo enlazalo. Xa o colgou.
Barack Obama en Boston. Naquel momento (fai un ano), aínda non era o icono internacional de hoxe, e aínda tiña que vencer a Hillary para converterse no candidato demócrata á White House. Pero era un mitin nos EE.UU. e non podíamos faltar. No centro de Boston ao caer a noite. Alí nos presentamos os tres a curiosear e ver/sentir o espectáculo electoral norteamericano en primeira persona.
Desde que nos baixamos do metro (en Boylston ou en Park St) , xa se sentía o "ambientillo", camisetas co lema Obama08, pancartas, souvenirs coa foto do candidato (porqué non comprei unha chapa xigante?), seguratas, música, protestas, xente, riadas de xente...O Boston Common é un parque enorme, o recinto habilitado para o mitin estaba completo e a xente sentábase nas ladeiras altas para poder ver o candidato. Empezou o espectáculo co himno estadounidense cantado en directo, que polo volume da megafonía creo que se puido escoitar en media cidade (como todo o mitin). Bandeira xigante, personaxes demócratas locais que foron preparando ó público para a entrada do candidato e a aparición de Obama en escena (que vimos desde bastante lonxe como para poder fixarnos nos detalles).¿Estaríamos a un centenar de metros do vindeiro presidente estadounidense?

martes, 29 de julio de 2008

El espectáculo de la democracia

Desde o pasado 3 de xullo e ata o vindeiro 29 de setembro, a exposición Spots electorales. El espectáculo de la democracia, vai estar no Palau de la Virreina en Barcelona. Trátase dun percorrido polos spots electorais dun gran número de países desde o 1989 ata os máis recentes, do ano 2008. A comunicación política levada ó terreo da arte.
Nas diferentes salas proxéctanse 300 spots, ademais de varios documentais sobre as campañas electorais nos diferentes países. O visitante tamén pode seleccionar mediante palabras clave visionar spots dunha base de datos que conta con 2.800 pezas publicitarias.
En principio vai ser unha exposición itinerante, pero aínda non se deron a coñecer os seguintes lugares que a acollerán. Mentres espero que faga unha parada en Galicia, pedín o libro que leva por título o nome da exposición, e que está baseado nos diarios do asesor electoral (¿real ou ficticio?) Roberto Alfa. O libro trae como extra 290 spots en catro DVD. Por 25 euros non está mal... pedino a semana pasada, pero aínda non me chegou.

viernes, 30 de mayo de 2008

Stand By Your Ad

Os políticos que se presentan ás eleccións (polo menos ás presidenciais) nos EEUU están obrigados por lei a identificarse como responsables das mensaxes que emiten. Esta lei aprobouse, entre outras razóns, para rebaixar o ton negativo das campañas e os ataques entre candidatos.
Estes son algúns exemplos que serviron para xustificar a mensaxe negativa que as precedía:

Lieberman: "I approve this message because leadership means doing what's right."
Dean: "I approved this ad because I think it's time for Democrats to be Democrats again."
Kerry: "I approve this message because it's time to do what's right for America"
Gephardt: "I'm Dick Gephardt, and I approve this message because it's time we did what's right."
Clark: "I approve this ad because deep down we are all patriots."
Edwards: "I approve this message because together, you and I can change America and make it work for all of us."

Hai outras nas que os asesores de comunicación empregaron a creatividade para evitar que as mensaxes de aprobación lles quitaran efectividade ós mensaxes negativos:

Kucinich: "Do I approve this commercial? You bet."

jueves, 24 de abril de 2008

Primarias no Partido Popular?

Un rumor que cada vez sona con maior forza. Empezou a comentarse nos medios e na rede como unha broma ou unha posibilidade remota, pero agora son os propios afiliados do PP os que se unen para propoñer a elección do candidato en eleccións primarias. A iniciativa parte do Partido Popular do distrito de Salamanca, que colgaron unha web (http://www.primariaspp.com/) na que explican o que son este tipo de eleccións e as razóns polas que fan esta proposición. "Vivimos un momento donde el Partido y los electores están disociados" ou "Cualquier demócrata sólo verá efectos positivos en las primarias" son algúns dos argumentos esgrimidos ante a proximidade do congreso de xuño, no que se vai decidir o futuro líder do partido. É un feito que nunca aconteceu no PP e para o cal sería necesario reformar os estatutos da organización. Se en realidade prospera esta proposta, a guerra Aguirre vs Rajoy será dura (mais) e poderemos estudar e comentar as estratexias negativas (que as vai haber) entre ambos candidatos. As loitas internas dan moito xogo para a publicidade negativa.

martes, 22 de abril de 2008

Elecciones y nuevos canales de comunicación política

Ó finalizar a miña comunicación sobre advergaming e comunicación política en iEnter, o moderador da mesa na que estaba participando, Ramón G. Sedó, propuxome un artigo que complementara o monográfico "Elecciones y medios de comunicación" que estaban preparando para o Portal de Comunicación.
Eu quería pasarme unha fin de semana de relax en Barcelona, pero por suposto que non ía dicir que non! O resultado foi Elecciones y nuevos canales de comunicación política. Gustaríame destacar dúas afirmacións deste artigo:

"Los partidos políticos se convierten en marcas, los diferentes candidatos en productos y las campañas de comunicación en los nuevos medios no se ciñen
únicamente a épocas de precampaña o campaña electoral, sino que comienzan mucho
antes con la intención de crear una imagen de marca"

"Internet y los nuevos medios que despuntan como nuevos soportes para la comunicación política deben estar totalmente integrados en las estrategias de comunicación de las organizaciones políticas porque para llegar a las llamadas generaciones supercomunicadoras, las que integran totalmente en su vida diaria las nuevas tecnologías, es necesario organizaciones políticas también supercomunicadoras"

Navegando pola web atopeime que os autores de Lluvina News, que non coñezo, engadiron o meu artigo (en català) no seu blog.