Mostrando entradas con la etiqueta comunicacion política. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta comunicacion política. Mostrar todas las entradas

viernes, 17 de octubre de 2008

The ad Wars

Máis de 286 millóns de dólares levan xa os candidatos norteamericanos gastados en spots de tv. Así polo menos o dí o New York Times. Este xornal ten a disposición dos seus lectores unha sección que vai actualizando cos spots da campaña e os sitios onde estos se emiten.Sobre o mapa dos estados norteamericanos sinalan onde se emiten os spots por áreas de mercado e o diñeiro invertido en cada área. As sinais vermellas son de John McCain e as azuis de Barack Obama. Ademais tamén recollen os principais temas destes spots, encabezados en ambos casos polos impostos.
Existen diferencias importantes nas estratexias seguidas polos dous equipos. Os republicanos por exemplo, emitiron as súas mensaxes televisivas en todos os estados (a excepción posiblemente de Wyoming). Os demócratas ainda que invertiron moito máis presuposto en tv, foron moito máis selectivos cos estados, así Utah, Washington, Idaho, Wyoming, Dakota do Sur, Nebraska, Arkansas e Mississippi non foron consideraron estratéxicos (de momento).
Florida, un dos estados máis disputados, centrou parte dos esforzos demócratas. A outra gran batalla está en Pensilvania e Ohio, onde ambos partidos se esforzan. Ningún republicano conseguiu ser presidente sen gañar en Ohio, e ademais os pronósticos din que poden gañar tamén Pensilvania.
O estado no que leva vencendo ó longo de todo o século XX e no que vai de XXI o partido que chegaría á White House, Missouri, está case igualado en cantidade de mensaxes emitidas.
Igualados tamén Colorado e Novo Mexico, outros estados determinantes nas eleccións.

martes, 29 de julio de 2008

El espectáculo de la democracia

Desde o pasado 3 de xullo e ata o vindeiro 29 de setembro, a exposición Spots electorales. El espectáculo de la democracia, vai estar no Palau de la Virreina en Barcelona. Trátase dun percorrido polos spots electorais dun gran número de países desde o 1989 ata os máis recentes, do ano 2008. A comunicación política levada ó terreo da arte.
Nas diferentes salas proxéctanse 300 spots, ademais de varios documentais sobre as campañas electorais nos diferentes países. O visitante tamén pode seleccionar mediante palabras clave visionar spots dunha base de datos que conta con 2.800 pezas publicitarias.
En principio vai ser unha exposición itinerante, pero aínda non se deron a coñecer os seguintes lugares que a acollerán. Mentres espero que faga unha parada en Galicia, pedín o libro que leva por título o nome da exposición, e que está baseado nos diarios do asesor electoral (¿real ou ficticio?) Roberto Alfa. O libro trae como extra 290 spots en catro DVD. Por 25 euros non está mal... pedino a semana pasada, pero aínda non me chegou.

martes, 29 de abril de 2008

Congreso ACOP

A recentemente creada Asociación de Comunicación Política (ACOP nas súas siglas) celebrará o seu congreso fundacional os vindeiros 8 e 9 de maio en Madrid.
Os promotores e socios fundadores de esta asociación son persoeiros importantes no terreo da comunicación política tanto a nivel académico como profesional: Juan Benavides, Fermín Bouza, María José Canel, Gabriel Colomé, Pere-Oriol Costa, José Luis Dader, Fermín Galindo, Mario García Gurrionero, Josep Gifreu, Fancesc Pallarés, Javier Del Rey, Xavier Roig, José Rúas, Víctor Sampedro, José Luis Sanchis e Karen Sanders.
Aínda non podo vincular a súa web porque está en proxecto. O programa mestura conferencias, presentación de investigacións, mesas redondas, coa presentación de Estudios de Comunicación Política (Libro del año 2008) e do monográfico de Telos de xaneiro La investigación en Comunicación Política. Tendencias, problemas y retos. Ademais hai unha recepción no Ayuntamiento de Madrid e no Palacio de Cibeles. Os socios de ACOP tamén farán unha visita á Moncloa e celebrarán a súa primeira Asemblea Xeral.
O día 9, das 16.00 ás 17.00 concentrarase o maior número de aportacións galegas neste congreso, coas conferencias de Silvia García Mirón e Emma Torres; ademais da que vai presentar Xosé Rúas e na que eu colaborei: Publicidad política negativa: nuevos recursos para la vieja propaganda.
De momento esta asociación pinta moi ben e os ánimos dos seus fundadores son os de facer un proxecto interesante para os investigadores e os profesionais deste ámbito. Esperaremos a ver que novidades chegan desde o congreso fundacional.